[Compostela] Concentración 26S

Na tarde do mércores 26 de Setembro celebramos unha concentración na
Praza do Toral en apoio e solidariedade cos compañeiros e compañeiras de
Euskadi e Nafarroa, que desenvolvían nese día a súa xornada de folga
xeral convocada á marxe dos sindicatos oficiais CCOO e UGT. Centrándonos
na necesidade de articular un clima permanente de mobilización ante os
recortes que estamos a padecer e o que nos quedan, concentrámonos na
Praza do Toural até que a manifestación convocada espontaneamente
despois dos actos do 25 de Setembro veu a buscarnos.

 

Logo de manternos na praza un rato máis, decidimos aderirnos a esta
manifestación e descender unitariamente até o Parlamento da Galiza, onde
se lanzaron consignas contra o governo e pola necesidade da
auto-organización popular desde a base e co asemblearismo e o
cooporativismo como directrices básicas. Finalmente rematamos o acto
logo dun novo paseo até a praza Roxa.

RSS
Follow by Email
WhatsApp