19 al 21 de julio. Feira do Libro Anarquista na Guarda

Boas esta é unha invitación, que facemos os/as compas anarquistas de A Guarda con motivo da organización dunha “mini” Feira do Libro Anarquista que imos facer nesta vila, de cara as distribuidoras de material antiautoritario.

O encontro do libro terá lugar nas datas do 19, 20 e 21 de Xullo e realizaránse nunha praza (de S. Benito) en horario de 14:00h. a 22:00h. o sábado e o domingo, e a presentación no Centro Social Fuscalho o venres.

Comentarvos que se habilitará mesas para a exposición do material antiautoritario así como unha zona de acampada para facilitar sitio onde dormir. Ademais engadir que tódolos días haberá zona de bebidas e comida vegana a prezos populares.

PROGRAMACION I FEIRA DO LIBRO ANARQUISTA

A Guarda 19, 20 e 21 de Xullo

Venres 19 – Centro Social Fuscalho
Presentación da I Feira do libro anarquista en A Guarda
Proxección/Debate dun documental

Sábado 20 – PRAZA DE SAN BIEITO
14:00 – Comedor vegano
17:00 – Presentación do libro (a cargo dun compa lisboeta):
«Flores Silvestres, uma antología de Abele Rizieri Ferrari»
Presentación da revista «Cam de palheiro»
20:00 – Representación da obra teatral «Navy Bar» – Teatro do pracer, C.S.A. A Cova dos Ratos (Vigo)
21:30 – Cea «Faino ti mesmo»
23:00 – Concerto dos cantautores: John tres dedos e Bitxobola

Domingo 21 – PRAZA DE SAN BIEITO
14:00 – Comedor vegano
17:00 – Presentación das revistas «Abordaxe» e «Contrahistoria»

Sen mais animádevos a vir e difundir esta iniciativa, saúdos.

http://abordaxerevista.blogspot.com.es/2013/07/19-20-e-21-xullo-feira-do-libro.html

RSS
Follow by Email
WhatsApp